A presidencia da Xunta intéresase polo estado da comunidade galega de Cuba

A PRESIDENCIA DA XUNTA, TRALO PASO DO FURACÁN ALBERTO CONFIRMOU HOXE QUE ESTE NON PROVOCOU DANOS IMPORTANTES

Responsables dos centros galegos consultados sinalan que só se contan algunhas inundacións en inmobles.

Santiago, 13 de xuño de 2006.-
A Presidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emigración, confirmou hoxe que a comunidade galega en Cuba non se viu especialmente afectada polas consecuencias do paso por este país do furacán Alberto, o primeiro da temporada de tormentas tropicais. Representantes da Federación de Sociedades Galegas en Cuba, xunto con outras entidades de orixe galega, expresaron ao departamento de Emigración que agás algunhas inundacións en determinados inmobles, os galegos e galegas non se viron afectados polo furacán.

Unha das zonas de Cuba máis afectadas polo paso de Alberto, Pinar del Río, ao occidente do país, apenas conta con poboación galega. Non así A Habana, cidade onde se concentra o maior número de cidadáns galegos, e na que, tal e como expresaron os representantes dos centros consultados, a nosa comunidade salvou o primeira manifestación das tormentas tropicais sen vítimas nin danos de relevancia

Sobre o Autor