A través do proxecto Cidade+ da Deputación creáronse 13 empresas.

24 Octubre 2006 – Este proxecto non ten nada que ver coa iniciativa Convive+, que está liderada pola Secretaría Xeral de Emigración.
O proxecto Cidade + liderado pola Deputación de Pontevedra impulsou a posta en marcha de 13 empresas de emigrantes retornados e inmigrantes e tramitou a concesión de catro microcréditos. Un dos principais obxectivos do proxecto Cidade +, que rematou a súa actividade o 31 de agosto deste ano, foi fomentar o autoemprego. Para acadar resultados neste eido realizáronse as seguintes actividades:

Seminarios sobre Creación de empresas: Impartíronse 12 seminarios de dúas horas de duración cada un en diferentes puntos da provincia de Pontevedra (Pontevedra, Vigo, Gondomar, Ponteareas, Bueu, Lalín, Sanxenxo, Nigrán, Ribadumia, O Grove, Villagarcía), nos que participaron 136 persoas.
Cursos de creación de empresas: Realizáronse 3 cursos de Capacitación para emprendedores que constaban de 100 horas cada un, nos que se analizaba de xeito práctico os aspectos que se deben ter en conta para crear unha empresa. Nas tres edicións do curso participaron 35 persoas.

Titorización de proxectos empresariais:Todo os alumnos que asistiron ós cursos contaron con titorías individualizadas impartidas polos técnicos do proxecto, para de xeito facilitar o proceso de elaboración do Plan de Empresa.
Viveiro de empresas: que conta cunha incubadora con capacidade para 10 despachos e que está especialmente deseñado para acoller ás empresas de nova creación, ofrecendo una infraestrutura que combina a adxudicación de locales en réxime de arrendamento a prezos subvencionados, así como a posta a disposición destas empresas das instalacións comúns necesarias para o desenvolvemento da súa actividade e dunha serie de servizos, tanto profesionais como materiais.

CONVIVE +
Este proxecto que tiña como xefe de fila a Deputación de Pontevedra non ten nada que var coa iniciativa CONVIVE+, que é un proxecto que promove a Secretaría Xeral de Emigración e no que participa a Deputación de Pontevedra, como socia, atopándose entre as súas responsabilidades a organización da formación de emprendedores emigrantes e inmigrantes. Unha vez finalizada esta formación, as persoas participantes, xestionan a posibilidade de financiamento cunha entidade bancaria, que valora o plan de empresa e decide conceder ou denegar a solicitude do microcrédito.

Sobre o Autor