O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a través da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, outorgoulle a Salvador Fernández Moreda a Medalla de Ouro da Emigración polo apoio prestado pola Deputación da Coruña aos galegos na diáspora, e a posta en marcha de distintos proxectos solidarios en Hispanoamérica.
A Medalla de Ouro da Emigración seralle imposta a Salvador Fernández Moreda polo ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, no curso dun acto que se celebrará o luns, 18 de decembro, ás 17 horas, na sede da Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, en Madrid.
O acto, no que participará tamén a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, coincide coa celebración da Xornada de homenaxe aos emigrantes españois.

