Santiago, 27 de abril de 2007.- A Secretaría Xeral de Emigración, púxose esta mañá en contacto coa familia do empresario galego, Alberto Cid Souto, secuestrado esta semana en Venezuela, para ofrecerlle, en nome do presidente da Xunta, todo o apoio e axuda do goberno galego nestes momentos de inquedanza e preocupación.
Así mesmo, a presidencia da Xunta contactou coa Embaixada Española en Venezuela á que lle solicitou que desenvolva todas as xestións ao seu alcance para axilizar a resolución deste caso nas mellores condicións posibles.
A Secretaría Xeral de Emigración, púxose esta mañá en contacto coa familia do empresario galego, Alberto Cid Souto, secuestrado esta semana en Venezuela, para ofrecerlle, en nome do presidente da Xunta, todo o apoio e axuda do goberno galego nestes momentos de inquedanza e preocupación. Así mesmo, a presidencia da Xunta contactou coa Embaixada Española en Venezuela á que lle solicitou que desenvolva todas as xestións ao seu alcance para axilizar a resolución deste caso nas mellores condicións posibles.

