O Centro Galego de Bos Aires contará cunha Unidade Cirúrxica e iniciará o camiño para se converter nun hospital universitario. Así, froito dun convenio de colaboración este mesmo mes entre a Fundación Galicia Saúde, o citado Centro Galego, e a Universidade Maimónides, realizaranse actividades de investigación conxunta, publicacións e intercambios docentes.
Produto desta colaboración, a Universidade Maimónides contribuirá á mellorar a dotación infraestrutural do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, e promoverá a creación da Escola Universitaria de Enfermaría e Instrumentación Cirúrxica. A cambio, o Hospital do Centro Galego de Bos Aires encargarase da formación práctica pregrao dos alumnos e alumnas desta Universidade.
Na sinatura estiveron presentes Carlos Alberto Díaz e Jorge Francisco Núñez, xerente xeral e vicepresidente da Fundación Galicia Saúde, respectivamente; o presidente do Centro Galego de Bos Aires, Julio Martínez, e a secretaria deste institución, Liliana Mónica Caneda; e Ernesto Goberman, presidente do Consello Superior Universitario (reitor) da Universidade Maimónides.
O xerente da Fundación Galicia – Saúde e do Hospital do Centro Galego de Bos Aires, Carlos Alberto Díaz, agradeceu o apoio a este convenio como pedra fundamental dunha vantaxe competitiva e de retorno ao camiño da xerarquización, de ser un hospital Escola. Nesa liña enfatizou que o acordo será rapidamente impulsado, proxectado, organizado e consolidade no desenvolvemento dunha área cirúrxica de alta resolución, e información de enfermeiras, médicos e especialistas. Xunto con isto, tamén na implementación de programas sanitarios de Xerontoloxía e Atención Primaria, e Medicina Familiar entre outros.
Xestionar é facer que as cousas pasean, facer as cousas correctas correctamente, por iso iniciouse este camiño de participación, e continuou que pasará ao termo do concreto e da realidade, nun proceso no que todos gañaremos en eficiencia e coñecementos. Nesta liña rematou dicindo que o proceso de desenvolvemento dunha institución de saúde está vinculado coa incorporación de competencias específicas que lle permitan cumprir co seu labor, como é o saber.
Pola súa banda, Ernesto Goberman, aludiu á historia da institución universitaria na procura de dar auspicio a institucións hospitalarias que mereceran o aporte de recursos de todo tipo; e coa fin de desenvolver a excelencia en servizos de saúde que á súa vez sirvan de ámbitos de formación médica.
Pechou o acto Julio Martínez como presidente do Centro Galego de Bos Aires, quen recoñeceu que se trata do primeiro convenio desta envergadura que a institución asina cunha entidade universitaria, o que xera grande expectativa e compromiso por parte do conxunto da institución; e comprometeuse a que estimularía todas as accións necesarias para concretar as propostas.

