A xerencia da Fundación Galicia Emigración terá novo responsable, a partir de outubro, no nome de Juan Carlos Pérez Santiago. Nado en Pontevedra (1965), é licenciado en Ciencias da Educación pola UNED, onde cursou posgraos en Avaliación, Programación e Supervisión de Políticas de Inserción Social, e en Inmigración, Exclusión e Políticas de Integración Social.
A súa carreira profesional tense desenvolto no ámbito dos servizos sociais, acreditando unha dilatada experiencia en distintos postos de responsabilidade en Cruz Vermella Española.
Juan Carlos Pérez Santiago asumirá a partir de outubro a xerencia da Fundación Galicia Emigración
Publicado: 27 septiembre 2007Posted in: Galeguidade.net

