Que é Galeguidade.net

· Que é Galeguidade.net?
· Para que serve Galeguidade.net? Que ofrece?
· Existe algunha axuda da Xunta para contratar os servizos que ofrece Galeguidade.net?
· O que ofrece Galeguidade.net é demandado polos Centros Galegos?
· Como podemos enviar noticias relativas ao noso Centro?
· Por que está en castelán o portal?
· O noso centro non aparece na Axenda ou en GaliciaEmigrante.info. Como podemos enviar os datos?
· Os datos que aparecen na Axenda ou no directorio GaliciaEmigrante.info acerca da nosa entidade non son correctos. Como os podemos corrixir?
· Canto costa ser usuario de Galeguidade.net?
· Como podemos solicitar outros servizos a Galeguidade.net?
· Nós somos unha asociación galega pero non estamos na Emigración. Podemos solicitarvos tamén algún servizo?
· Queremos trocar o noso nome de usuario. É posible?
· É posible dispoñer dun enderezo de e-mail do tipo nosocentro@galeguidade.net?
· Eu son un/a emigrante pero non represento a ningunha entidade. Podo participar en Galeguidade.net?
· Como obtener el código para ingresar en esta página?
· Queremos publicar en Galeguidade.net fotos do noso centros, das festas que facemos, etc. ¿Como podemos facelo?
· Que es la emigracion?


Que é Galeguidade.net?

Galeguidade.net é un proxecto destinado aos Centros Galegos, Casas de Galicia, Asociacións Culturais e outras entidades da Galicia exterior.

O seuo obxectivo é facilitarlles medios para se comunicaren entre sí e con Galicia, aproveitando os recursos que Internet nos ofrece: correo electrónico, intranets, listas e foros de debate, sitios web, etc.

Está promovido pola Asociación Cultural Fillos de Galicia, cunha longa experiencia neste campo e responsable da maior Comunidade Virtual da emigración galega: FILLOS.ORG.

Máis información.


Para que serve Galeguidade.net? Que ofrece?

Galeguidade.net ofrece aos Centros Galegos e outras organizacións da emigración galega todo tipo de servizos de Internet, ademais do propio portal www.Galeguidade.net onde estas poden atopar, entre outros servizos:

  • O directorio GaliciaEmigrante.info
  • Cursos on-line
  • Novas de interese
  • Axenda de entidades
  • Descargas de arquivos de interese
  • Foro de debate
  • Máis información.


    Existe algunha axuda da Xunta para contratar os servizos que ofrece Galeguidade.net?

    No Programa de axudas para entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos da Consellería de Emigración da Xunta de Galicia, publicado no seu web (en galego e mais en castelán), subvencionarase:

    a adquisición de equipos informáticos polas entidades galegas coa finalidade de modernizar a súa xestión interna, a conexión a Internet e a comunicación por correo electrónico, permitindo, así mesmo, o acceso a bases de datos que posibiliten o coñecemento en xeral, e o achegamento e difusión da realidade de Galicia en particular.

    e mais

    os investimentos de carácter inmaterial e especificamente destinados á creación de páxinas web que permitan unha maior información e acceso ós servicios da entidade.

    O prazo de presentación de solicitudes finalizou o 31 de marzo de 2004.

    Se estás interesado en aproveitar estas axudas para sacarlle o máximo partido a Internet no teu Centro Galego, Casa de Galicia ou Asociación, Fillos de Galicia pon á túa disposición toda a súa experiencia, coñecemento do medio e recursos técnicos e humanos.


    O que ofrece Galeguidade.net é demandado polos Centros Galegos?

    No VII Consello de Comunidades Galegas celebrado
    en Bos Aires en Novembro de 2003, estas reclamaron:

    PERVIVENCIA NO FUTURO DAS COMUNIDADES: INTERCOMUNICACIÓN,UNIÓN E INTEGRACIÓN DE CENTROS

    1º.- Solicitamos da Xunta de Galicia a creación e desenvolvemento dunha rede de internet e intranet nun proxecto integral de informatización das entidades galegas no exterior, que facilite a comunicación e o intercambio de información das entidades entre si, e delas mesmas coa Administración Autonómica de Galicia. Esta iniciativa facilitaría, igualmente, a disposición de correo electrónico baixo un mesmo dominio con facilidades para a participación en proxectos de comunicación ou foros entre as entidades.

    (…)

    Fillos de Galicia recolle esa solicitude e pon en marcha o portal Galeguidade.net en Marzo de 2004 para dar resposta a esas necesidades.


    Como podemos enviar noticias relativas ao noso Centro?

    Para enviar novas abonda con entrar como usuario no portal e premer no enlace Enviar noticia.

    Se non tes conta de acceso podes solicitarnos unha.

    Tamén podes facer o envío por e-mail a novas@galeguidade.net e nós encargarémonos de a publicar no portal.


    Por que está en castelán o portal?

    Estamos traballando para ofrecer proximamente o portal no noso idioma, o galego, ademais de noutros como português e inglés. Pregamos desculpas!


    O noso centro non aparece na Axenda ou en GaliciaEmigrante.info. Como podemos enviar os datos?

    Para poder introducir os datos do voso Centro, Casa, Asociación, medio de comunicación ou entidade académica da emigración, é preciso terdes unha conta de usuarios. Unha vez accederdes coa conta e contrasinal ao portal vós mesmos poderedes manter actualizados os vosos datos na Axenda e noutras seccións do portal.


    Os datos que aparecen na Axenda ou no directorio GaliciaEmigrante.info acerca da nosa entidade non son correctos. Como os podemos corrixir?

    Accedendo ao portal coa vosa conta poderedes actualizar calquera dato relativo ao voso enderezo, teléfono, web, email, etc. que apareza en Galeguidade.net.

    Se non tes unha conta solicítaa aquí.


    Canto costa ser usuario de Galeguidade.net?

    Ser usuarios de Galeguidade.net é gratuito para todos os centros galegos, casas de Galicia, asociacións e outras organizacións galegas da diáspora.

    Se a vosa entidade non ten unha conta de usuario, podédela solicitar gratuitamente nesta páxina.


    Como podemos solicitar outros servizos a Galeguidade.net?

    Se a vosa entidade está interesada noutros dos servizos que ofrece Galeguidade.net pode enviarnos unha consulta mediante o noso formulario de contacto.


    Nós somos unha asociación galega pero non estamos na Emigración. Podemos solicitarvos tamén algún servizo?

    Galeguidade.net está orientada totalmente aos centros e outras entidades da diáspora galega.

    Aínda así, Fillos.org ten outra liña de servizos para as ONGs, asociacións ou fundacións radicadas en Galicia: RedeGalega.org. Consultade nese web a forma de contacto e o tipo de servizos que vos ofrece.


    Queremos trocar o noso nome de usuario. É posible?

    Si, pódese trocar. Aínda que en Galeguidade.net fixemos un intento por vos asignar nomes de usuario seguindo un criterio homéxeno que facilitase o recoñecemento das entidades polo seu nome de usuario, é posible que o asignado para algunhas das vosas non sexa o mellor.

    Para solicitar a súa modificación podedes escribrinos unha mensaxe explicando qué outro nome desexades.


    É posible dispoñer dun enderezo de e-mail do tipo nosocentro@galeguidade.net?

    Efectivamente, un dos servizos que fornece Galeguidade.net é o e-mail gratuito: para abrir unha conta indicando qué nome e contrasinal desexades e veremos se está dispoñible.


    Eu son un/a emigrante pero non represento a ningunha entidade. Podo participar en Galeguidade.net?

    Galeguidade.net está pensada para os centros e outras entidades organizativas do exterior. Para os emigrantes a nível particular recomendámosche a Comunidade Virtual de Fillos.org.


    Como obtener el código para ingresar en esta página?

    Para ingresar son necesarios un nome de usuario e unha contrasinal (password). Estes soamente se dan para entidades galegas da emigración e poden ser solicitados gratuitamente enviando unha mensaxe de correo electrónico a galeguidade@galeguidade.net.


    Queremos publicar en Galeguidade.net fotos do noso centros, das festas que facemos, etc. Como podemos facelo?

    Moi fácil. Non tedes máis que escribir para galeguidade@galeguidade.net indicando que queredes abrir o voso propio álbume na Galería de Fotos e a partir de aí poderedes enviar directamente as fotos que queirades, que estarán á vista de todos os visitantes.


    Que es la emigracion?

    La emigración consiste en dejar el propio país o la propia región para establecerse en otro o en otros distintos.
    Forma parte del concepto más amplio de las migraciones de población.

    Los países que registran más emigración en la actualidad suelen ser los pertenecientes al denominado Tercer Mundo o países en vías de desarrollo, pero en otras épocas fueron los europeos quienes emigraron a otros paises en busca de una mejor vida.

    Las emigraciones han llegado a ser uno de los problemas mas graves que enfrenta hoy la humanidad, por la precariedad en que deben vivir millones de desplazados en la tierra.

    Las razones que empujan a las personas a emigrar de sus países acostumbran a ser complejas y diversas.

    Por ser una persona o un grupo perseguidos en su país por razones raciales, políticas, religiosas o de identidad sexual.

    por agotamiento/aparición de recursos naturales.

    por buscar mejores expectativas de vida.

    por razones medioambientales (catástrofes naturales, etc.)

    About the Author